Taboleiro de Anuncios
Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns
ANUNCIOS -Curso de Tai- Chi. Aínda quedan prazas libres, horario venres de 20:30-21:30, prezo 10€/mes ¡Animádevos!Comezo o 6 de novembro. -Festival de Nadal para nenos. Os que desexen participar ¡Apuntádevos! *******************************
ANUNCIOS -Está á vosa disposición un contenedor para reciclar aceite, atópase fóra do centro e pregamos que cada persoa bote dentro do bidón o seu aceite. -Visita a web da Parroquia www.zamans.net -Xa está en funcionamento a biblioteca e a videoteca do Centro Cultural. -Se desexas ter o carné de socio da Asociación, por favor, entréganos a túa fotografía. -Queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 30€ os recibos familiares e 20€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-4-1-0040004240. ********************************** Teléfonos de interés: Centro Cultural: 986468039 Avarías no Alumeado Público:900333365
PROGRAMACIÓN DE OUTONO
-
NIF:G36691855 Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo) Tfno-Fax:986 468039 Email: zamans@zamans.org
SOCIO EXTERIOR APELIDOS ,
Zamáns, 30- outubro -2009
Estimados veciños/as:
Como tódolos anos achegámosvos a programación cultural e iniciativas interesantes para os vindeiros meses.
-Teatro.
O sábado día 14 de novembro ás 19h no auditorio do centro cultural.
A actuación está dentro do programa “Vigo a Escena”, titúlase “Viva a Crise” a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano S.L. :A fórmula ideal para aliviar o mal tempo que se aveciña.
-Magosto.
Terá lugar o sábado día 14 de novembro a partir das 20:30h.
Haberá castañas asadas para todos e a velada estará amenizada polo grupo de gaitas da Asociación e polo grupo de pandereteiras “Abeleira”.
-Inauguración da campaña "Por unha mobilidade efectiva".
Para poder vivir dignamente é necesario poder moverse dun xeito áxil, económico e respetuoso co entorno.
O xoves, 19 de novembro ás 20h a cargo da Asociación e da Federación Eduardo Chao.
- Visita ó museo Liste.
O día 25 de novembro, saída de Zamáns ás 17h e regreso ó finalizar a visita. Gratuito. Os interesados apuntádevos chamando ó 986468039.
- Charla- coloquio na AAVV de Zamáns "Por unha movilidade efectiva".
O día 26 de novembro ás 20h a cargo da Asociación e da Federación Eduardo Chao.
-Excursión ó Castillo de Villasobroso.
O sábado, 21 de novembro, pendente confirmar hora de saída.
-Obradoiro de nenos e maiores.
O sábado 28 de novembro ás 16:30h no auditorio, con contacontos e xogos divertidos.
-“Mañás veciñais” na Asociación de Zamáns.
Actividades para coidar corpo e mente (ximnasia, xogos de axilidade mental e servizo de podólogo), 2 días por semana, martes e venres de 10:30-12h, prezo 18€, tamén haberá saídas culturais. Comezo no mes novembro.
_______________________________________________________________
-Lotería.
Atópase á disposición dos socios a lotería, os que o desexen poden recollela na cafetería do centro, este ano xogamos co nº 37.494, prezo 5€ cada participación. ¡Moita sorte! !Non se reserva!
Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e agradecervos a colaboración.
Recibide un cordial saúdo.